Como un “recoñecido polo forestal de primeira magnitude”, presentaba Pontevedra o director da EE Forestal, Enrique Valero, tras concluír coa plantación dun pequeno castiñeiro ás portas da escola, coa que o centro conmemoraba a Semana Internacional dos Bosques. Non en van, neste acto simbólico, que tiña por obxecto pór en valor a importancia dos bosques para o planeta e que se viu precedido dun minuto de silencio polas vítimas do accidente aéreo deste martes, tamén estiveron representadas a Misión Biolóxica de Galicia, o Centro de Formación Agroforestal de Lourizán, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.
25/03/2015