Nin a chuvia que caía incesante impediu que os amigos de José Nespereira acudiran ao Edificio Politécnico para o descubrimento da placa conmemorativa restaurada dos 25 anos do seu falecemento, que xa lembraba a súa memoria en terras do Xurés, pero que fora sustraída.
O homenaxeado, profesor de xeoloxía no campus de Ourense, cando aínda pertencía á Universidade Galega, deixou un recordo tan grato entre os que o coñeceron que ata o vicerreitor, Juan Francisco Gálvez destacou por riba da súa calidade académica, a súa calidade persoal. “Non tiven o honor de coñecelo pero faláronme del con tal emoción que non dubido que foi un gran investigador e docente, pero o que se recorda é ser boa persoa e aínda que podía atopar ouro nun río, a verdadeira riqueza e o voso cariño hoxe aquí” dixo na súa intervención.
19/11/2007