73 egresadas e egresados do Grao en Educación Social do campus de Ourense celebraron este xoves o seu acto de graduación. Acompañados de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria, a sexta promoción deste título recolleu as súas bandas e diplomas nun acto no que non faltaron as palabras de recoñecemento para os catro anos de estudo desenvolvido, para a lembranza do tempo compartido e para o desexo do mellor dos futuros para cada unha e cada un destes novos titulados da Facultade de Ciencias da Educación.
25/05/2018