“A arte contemporánea abrangue unha pluralidade de ámbitos e temáticas e constitúe un contexto óptimo para exercitar a mirada crítica sobre a nosa sociedade”. Esta idea constitúe o punto de partida do libro A arte contemporánea e o traballo por proxectos. Propostas dende a docencia, da profesora Silvia García.
Debater sobre os imaxinarios e estereotipos asociados á poboación migrante e conversar con alumnado e profesorado “sobre a responsabilidade que temos á hora de comunicar a experiencia” desta poboación. Estes son, como sinalan desde a Agareso, os obxectivos do programa radiofónico gravado este martes na Facultade de Comunicación.
Dirixida a que tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada poida iniciarse nas diferentes fases do proceso de creación dunha obra, a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra traballa na montaxe que presentarán na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).
O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e elementos procedentes tanto da obra orixinal de Shakespeare como do relato A Cartomante, do brasileiro Machado de Assis, combínanse coas dinámicas dun videoxogo nunha proposta de teatro interactivo que ten como directores artísticos a integrantes do grupo ComTecArt.
A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
A importancia que teñen as e os artistas formados na Facultade de Belas Artes á hora de abordar a traxectoria e o presente da arte de acción en Galicia é un dos propósitos do novo volume da serie En tránsito, un conxunto de publicacións nas que egresados e egresadas afondan na súa traxectoria e proxectos.
Dentro das accións dun proxecto europeo, Dirección e Xestión Pública acolle unha exposición fotográfica sobre a Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 en Estonia, Letonia e Lituania, que por aquel entón formaban parte da URSS.
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi na noite deste mércores o escenario do tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que cada ano desenvolve de xeito rotatorio nas cidades nas que se asentan os seus tres campus.
Dar a coñecer o funcionamento dos bosques cun enfoque científico e ecolóxico é o propósito central de O bosque é a nosa casa, un libro divulgativo que Sara Fernández e Sonia Roig presentaron este martes na Escola de Enxeñaría Forestal.
A Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo, da Universidade de Vigo, celebrou este luns o acto de entrega de premios dun concurso de vídeos dirixido a pór o foco no conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razóns de idade.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo participaron este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nas IV Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas.
A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía aproveitou este mércores a celebración da súa patroa, Santa Bárbara, para presentar o museo virtual da Colección de Minerais de Manuel de Sas, unha exposición permanente de minerais instalada en 2018 no vestíbulo central da escola.
O mércores 13 de decembro, o Pazo da Cultura será escenario do Concerto de Nadal que a Universidade de Vigo promove cada ano nestas datas e que retorna a Pontevedra neste 2023.