A Facultade de Belas Artes conta, desde o pasado curso, cunha multicopiadora Riso SF9350, que permite facer pequenas publicacións, caracterizadas ademais polo singular rexistro matérico que as tintas deixan no papel. Presentar á comunidade universitaria o funcionamento e mecánica básica desta maquinaria é un dos obxectivos centrais do curso de iniciación que se desenvolverá neste centro o vindeiro xoves
25/10/2019