Tras tinta anos exercendo a docencia, o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa Pedro Membiela, defendeu ante os asistentes ao curso de iniciación á formación para a docencia universitaria “o orgullo de ser profesor”.Membiela que asegurou que xa cando estudaba bacharelato quería ser profesor, definiu a docencia como “unha gran profesión, moi satisfactoria a nivel persoal e moi comprometida”.
Ante os asistentes ao curso Membiela defendeu a personalización da docencia xa que considera “ás veces actuamos dun xeito impersoal cos alumnos, e si é importante ensinar ben, tamén é unha relación entre persoas”. Advirte ,sen embargo, o vicerreitor que “a personalización fai máis complicada unha profesión que traballa moito con perfiles e alumnos tipo”.
22/11/2007