Obradoiros, espectáculos, conferencias, exposicións, concertos e moitas máis actividades darán contido á primeira Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués que se celebrará do 7 ao 11 de novembro en Pontevedra.
A mostra forma parte do chamado Proxecto Ronsel, iniciativa coa que as tres universidades galegas, baixo a coordinación da de Vigo, se comprometen a deseñar, presentar e levar a cabo un plan estratéxico para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. “Desde o Proxecto Ronsel e co obxecto de poñer en valor o patrimonio inmaterial, unha das iniciativas que deseñamos foi esta mostra” explicou o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade, Iván Area, na presentación da mostra que tivo lugar este venres na delegación da Consellería de Cultura e Deporte na cidade do Lérez.
02/11/2007