A importancia da formación para mellorar a competitividade das empresas e, polo tanto, a economía do país, centrou a inauguración das Xornadas sobre Formación Continua que organiza o Consello Galego de Relacións Laborais en colaboración coa Universidade e co Grupo La Región. Os seus directores, Demetrio Fernández, presidente do CGRL, e Santiago Peña, profesor da Universidade, coincidiron co vicerreitor do campus, Juan Francisco Gálvez, en salientar a necesidade de adaptarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo e dinámico a través da actualización dos coñecementos.
13/03/2008