Coa participación de 35 equipos das tres universidades públicas galegas, conformados por preto de 650 estudantes, e competicións de seis modalidades deportivas, que se desenvolveron en cinco instalacións deportivas, Pontevedra acolleu nas xornadas de mércores e xoves o XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
Resultado dun proceso de traballo no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na tarde deste xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
O terceiro número, o correspondente a 2024, de Ágora. Revista Universitaria de Cultura, xa está dispoñible. Nela participan egresados e alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense.
Unha sinerxía entre a música sinfónica e a tradición sonora galega. Isto é o que propón a Vicerreitoría para unha nova edición do Concerto de Primavera do campus, que nesta ocasión terá como protagonistas a Orquestra Xove de Pontevedra e as aulas de música e baile tradicional do campus.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
Preto de 650 estudantes das tres universidades públicas galegas participan desde a mañá deste mércores en Pontevedra no XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Realizar un percorrido polas máis de dúas décadas de traxectoria profesional na UE do analista Serafín Pazos foi o obxectivo central do obradoiro que impartiu este luns na Facultade de Dirección e Xestión Pública, no marco das actividades da Cátedra Jean Monnet Institucións europeas e cidadáns.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.