A primeira promoción do Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo xa está na rúa despois de que os 20 alumnos que hai dous anos inauguraron este posgrao, recolleran os seus diplomas acreditativos antes de comezar as prácticas en empresas. No acto, do que foron padriños o director do POP, Jose Antonio Fraiz Brea, e Rubén Lois Calviño, director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, tamén se rendeu homenaxe ás entidades que colaboraron na formación dos posgraduados. Ademais, a secretaria xeral de Turismo, Amparo Fernández, aproveitou a ocasión para presentar o Plan de Turismo Español Horizonte 2020 ante os futuros dirixentes do sector.
28/03/2008