O Ribeiro, O Galiñeiro, o río Loña, Santa Tegra, Montederramo, Salvador dos Penedos, os Canóns do Sil, Campo Lameiro, O Morrazo e varios tramos da Vía da Prata. Con todas estas paradas por diante, as rutas culturais 2011/2012 da Universidade de Vigo póñense en marcha. A través de 11 excursións, comezando pola vendima no Ribeiro e rematando na praia no Morrazo, o Servizo de Deportes ofrece un ano máis percorrer a pé diferentes lugares de Galicia que destacan polo seu valor cultural ou paisaxístico. A súa proposta: deporte, turismo e cultura en boa compaña polas provincias de Ourense e Pontevedra.
07/10/2011