Fronte aos ataques das administracións ao galego e os recortes das axudas á lingua, é hora de pasar á acción, de que sexa a sociedade a que normalice a vida na lingua propia. Esta é a arenga coa que comezou a cuarta edición das Xeiras sobre a lingua galega, organizadas polos Comités, que ao longo da semana analizarán a situación da lingua nas artes, no cinema, na literatura, nos medios de comunicación... No acto de apertura, o vicerreitor de Extensión Universitaria, X. H. Costas, cualificou o momento actual de “falsa calma” pasados meses xa das mobilización en contra do Decreto do galego, “pero seguimos tendo as mesmas dificultades para exercer o noso dereito a vivir en galego". A esperanza procede do eido da comunicación, que tras meses de constantes peches de medios en galego, comezan a aparecer novas iniciativas xornalísticas na lingua propia.
08/02/2012