A Universidade celebrou este martes o Día da Propiedade Industrial cunha xornada de información, reflexión e debate, pero, sobre todo, “concienciación” da importancia de protexer “o coñecemento, as ideas, os produtos e as solucións que xorden da investigación e o desenvolvemento”, subliñou na inauguración o reitor vigués Salustiano Mato, que aproveitou a súa participación no encontro para concienciar aos asistentes sobre a importancia de protexer o coñecemento para poñelo en valor. Isto no que traballo é patentable? Ten sentido facelo? De que maneira me vai repercutir si o fago? Como podo facelo? Son, a xuízo do reitor, “preguntas claves” ás que se tentou responder durante a xornada.
17/04/2012