“Dende a nosa experiencia no campo da arte e como docentes da Facultade de Belas Artes, consideramos que xa é tempo de reflexionar sobre a situación das artistas no contexto galego”, explican Almudena Fernández Fariña e Mar Caldas, polo que organizan as xornadas Pasado e Presente das Artistas, que botan a andar esta tarde na Casa das Campás. O encontro, que nace para crear un espazo de debate sobre a produción das artistas, será inaugurado por Ánxela Caramés, comisaria e crítica de arte galega, que aínda que define ao panorama artístico como plural e aberto, “as artistas aínda o teñen máis complicado que os artistas”.
15/05/2012