De Islandia a Turquía, desde o punto máis setentrional ata o máis oriental, José Ignacio Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, realizou este martes un percorrido histórico polas principais rutas marítimas europeas de peregrinación a Compostela, nunha conferencia enmarcada nas actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio. Entre as conclusións do seu relatorio, Carro Otero destacou que a peregrinación marítima sempre estivo combinada con algúns tramos terrestres, que sempre estivo ligada ás rutas comerciais e que o porto de arribada en Galicia máis prestixioso e concorrido foi sempre o da Coruña.
27/01/2010