A Universidade de Vigo organiza unha vez máis os Xogos Galaico-Durienses, que terán lugar no campus de Pontevedra entre os días 20 e 22 de novembro. Este campionato ten o obxectivo de integrar a cultura do norte de Portugal coa cultura galega, de xeito que non sexa só un mero acontecemento deportivo, senón tamén que contribúa a un intercambio de experiencias. Algo que, ademais, “encaixa cos obxectivos das Nacións Unidas, segundo os cales o deporte é unha linguaxe universal que pode contribuír á unión das persoas, independentemente da súa orixe, crenza ou estatus económico”, segundo explicou o responsable do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo e organizador, Javier Rial, na presentación dos xogos.
19/11/2007