Ata finais de mes, o xacemento paleolítico de As Gándaras de Budiño acolle unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas a cargo dun equipo liderado por Eduardo Méndez-Quintas, profesor e investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, e por Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH).
27/07/2022