Responder, desde o rigor científico aos “mitos e crenzas” asociados á substancia ilegal máis consumida no mundo, o cannabis, é o propósito central do congreso internacional que reúne en Catoira preto de 50 especialistas dos ámbitos sanitario, educativo e social. Promovido por este concello e a Consellería de Sanidade, coa colaboración do grupo de investigación PS1 e da Vicerreitoría do campus, o I Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados, busca pór de relevo as consecuencias negativas do consumo desta substancia, así como contribuír a “un labor preventivo e asistencial”, segundo salienta o profesor Manuel Isorna, director dun congreso que conta con máis 270 asistentes.
24/11/2017