Na cuarta xornada da división honra B do rugby estatal, o Campus Universitario Ourense sumou unha nova vitoria, neste caso contra Belenos RC. No partido disputado o sábado en Avilés, os ourensáns acadaron un axustado marcador final de 26-31 que os mantén no quinto posto do seu grupo, con tres vitorias e unha derrota no que vai de liga.
07/10/2019