Os premios GirlGeekPower, unha das iniciativas enmarcadas na Cátedra de Feminismos 4.0 que impulsan a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata final deste mes. Estes galardóns, que naceron en 2020, repartirán un total de 6000 euros entre as mellores estudantes das ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura que cursan os seus estudos nos campus de Vigo e Pontevedra.
11/09/2023