Antía Cal, unha mestra innovadora. Este é o título da exposición que se inaugura mañá venres no edificio Redeiras e coa que a Universidade de Vigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal.
O Centro de Investigación Mariña da UVIgo tamén se uniu este xoves á conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e fíxoo coa entrega dos premios do concurso Marie Tharp 2023 para mulleres investigadoras.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
As abondosas chuvias dos últimos meses puxeron en evidencia o impacto que os aportes de auga doce teñen nos ecosistemas mariños e, consecuentemente, na produción marisqueira. Para achegar un pouco máis luz sobre este proceso, un grupo de investigadores do CIM-UVigo realizaron un estudo pioneiro que replica as condicións do hábitat mariño no mesocosmos de bancos marisqueiros intermareais para estudar os efectos das frecuentes baixadas de salinidade que ocorren en Galicia e a súa relación coa Zostera noltei.
Descubrir de primeira man como é o día a día dun científico na Antártida, en que consiste o seu traballo e debullar algúns dos seus principais avances. Ese era o obxectivo da conexión en directo na que participaron esta mañá un cento de estudantes da Facultade de Ciencias do Mar que puideron conversar cos investigadores do CIM que están desenvolvendo o seu traballo en Illa Decepción no marco do proxecto Radiant.
Arredor de 300 profesores e profesoras de dereito administrativo de universidades de toda España reuníronse esta fin de semana en Vigo no marco da XVIII edición do Congreso da AEPDA, a Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo.
Cun orzamento de 2,3 millóns de euros e no marco da convocatoria Interreg Atlantic Area, este xoves botou a andar en Vigo o proxecto europeo Marinnonet, que ten como finalidade mellorar as capacidades de innovación e transferencia das rexións do espazo atlántico no eido da biotecnoloxía azul.
As Rías Baixas son sistemas socioecolóxicos sensibles que se enfrontan aos efectos provocados polo cambio climático ao mesmo tempo que á presión antropoxénica xerada pola industria, a acuicultura ou as actividades portuarias e pesqueiras.
Despois de case 20 anos de traballo, o detector Califa xa está listo para funcionar en Alemaña. Liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), este calorímetro conta coa participación da Universidade de Vigo.
Un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, Cintecx, serán os encargados de probar unha nova caldeira que funciona ao 100% con hidróxeno verde. Deseñada e fabricada polo grupo Ferroli, é froito do intenso traballo que esta empresa vén desenvolvendo na procura de sistemas para o confort do fogar con baixos niveis de contaminantes e baixas emisións.
A bordo do buque polar búlgaro Sv Sv Kiril i Metodii RSV, os investigadores Mariano Lastra, Jesús Souza Troncoso e Jesús López, membros do Centro de Investigación Mariña CIM-UVigo, chegaron a pasada fin de semana á base Gabriel de Castilla, en Illa Decepción.
A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo LaserON lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada “glass laser transformation”.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Silencios arredor dos abusos no seo da igrexa católica; silencios ante a discriminación por razón de sexo ou de raza; silencios sobre os problemas de saúde mental. Son moitos os silencios que, agochados na literatura irlandesa contemporánea, falan do que non se fala. E son eses silencios nos que se centra o libro Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction: Silences that Speak, presentado este luns.
O director de Ecobas, Xavier Labandeira, acaba de ser nomeado novo secretario xeral do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos, EAERE, polas súas siglas en inglés.