Un ano máis, as Mareas do Coñecemento da Universidade de Vigo poñen rumbo ao rural galego para tratar de democratizar o acceso ao saber científico, artístico e tecnolóxico entre a poboación sénior. Esta iniciativa, que arrancou en 2018, é unha aposta da institución académica pola formación ao longo da vida e por estender a docencia e a divulgación máis aló dos campus.
19/04/2024