Os avances que no eido das enerxías renovables se están a dar en Europa non están a ter a mesma resposta nos países sudamericanos, polo que dende a Universidade, que xa ten comprobado a eficiencia da xeotermia nalgunha das súas instalacións, estase a facer un esforzo para achegar este enerxía limpa a países como Ecuador. Esta colaboración tradúcese nun convenio entre a Universidade e a Escola Superior Politécnica do Litoral, que desenvolverá conxuntamente un proxecto de investigación sobre enerxía xeotérmica no Ecuador.
Con este obxectivo, o profesor Enrique Orche ten establecido un contacto estreito co país, en concreto coa cidade de Guayaquil, ao abeiro do Programa Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento, no que colabora o catedrático.
26/01/2011