“Queriamos facer algo distinto a un catálogo dunha exposición, pero tamén diferente dun libro dedicado a unha obra de arquitectura ou un conxunto de obras. O que se nos ocorreu foi converter o habitual catálogo nunha singular guía do campus”, así define o arquitecto Xosé Carlos Rodríguez, coordinador da obra, o volume Campus universitario de Vigo. “Sirva esta guía para comezar un percorrido pola nosa Universidade que nos axude a coñecela, comprendela e converternos en cómplices durante o camiño que queda por percorrer”, sinala o Reitor, Alberto Gago, nun dos textos de introdución.
16/10/2007