Preto dun cento de escolares de 5º e 6º de primaria dos colexios vigueses de A Doblada e Párroco don Camilo, de Santo Andrés de Comesaña, visitaron este venres a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para participar no obradoiro Elas Fan TIC.
Xa está aberto o prazo para a presentación de propostas aos Premios de poesía, relato curto e tradución para o ano 2024, unha nova chamada da institución académica viguesa á creativa literaria en galego de todos os membros da comunidade universitaria. Repartiranse en total 3600 euros.
O cinema italiano será o protagonista da décimo cuarta edición do Ciclo de Cine Lingua, unha proposta da Vicerreitoría de Extensión Universitaria que ten como finalidade achegar a cidadanía ás películas na súa versión orixinal con subtítulos en español.
Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns no edificio Redeiras nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor.
A Intelixencia Artificial (IA) debe ser tamén feminista. Baixo esta premisa, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, organizou este xoves unha nova xornada no marco do ciclo Conectando en Igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico.
Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, este xoves presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia, editado en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ.
Antía Cal, unha mestra innovadora. Este é o título da exposición que se inaugura mañá venres no edificio Redeiras e coa que a Universidade de Vigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán os vindeiros 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco. Así o anunciou este xoves a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, na presentación en Vigo da 2º edición das probas.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Unha delegación de representantes do Yancheng Institute of Technology están estes días de visita no campus de Vigo para coñecer a institución olívica e explorar futuras vías de colaboración.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo participaron este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nas IV Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas.
A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía aproveitou este mércores a celebración da súa patroa, Santa Bárbara, para presentar o museo virtual da Colección de Minerais de Manuel de Sas, unha exposición permanente de minerais instalada en 2018 no vestíbulo central da escola.
Comeza a conta atrás para celebrar unha nova edición do festival científico CinVigo, organizado por segundo ano consecutivo polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, co propósito de converter as rúas e prazas de Vigo nun auténtico laboratorio, aberto a toda a cidadanía.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz asistirá este venres en Vigo á presentación do novo libro do profesor de Economía Aplicada Albino Prada, ¿Sociedad de mercado o sociedad decente? Crítica de la gran abducción neoliberal.