A Cátedra Alexandre Bóveda preséntase co obxectivo de difundir a figura deste galeguista a través dun centro de documentación, un premio de investigación e diversas actividades de promoción que darán un pulo ás ciencias sociais en Galicia. Baixo a dirección do profesor da Universidade, Álvaro López Mira, a Cátedra desenvolverase a través de tres grandes liñas de actuación. En primeiro lugar, o centro de documentación coa finalidade de recompilar , sistematizar e converter en formatos dixitais o legado de Alexandre Bóveda, que está en poder dos seus descendentes, permitindo aos investigadores acceder a súa obra. En segundo lugar, o primeiro premio de investigación Alexandre Bóveda, que terá unha dotación económica de 20.000 euros para o traballo gañador. Contará cun xurado de recoñecido prestixio e os traballos, en lingua galega, poderán versar sobre ciencias sociais, económicas ou xurídicas. En último lugar, e co obxectivo de abrir á cidadanía a obra deste importante autor, se realizarán actividades coma simposios, xornadas ou conferencias ao longo do ano 2008 e que comezarán o día 18 de decembro, data simbólica por cumprirse 75 anos do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
30/10/2007