O fin do curso escolar é todo un motivo de celebración para os máis pequenos, desexosos de comezar as vacacións: piscina, praia, xogos baixo un espléndido sol e un bo número de amigos conforman a súa fórmula máxica para facer que o verán sexa inesquecible. Sen embargo, na outra cara da moeda, atopámonos con pais e nais que teñen que conciliar, agora máis que nunca, a súa vida familiar coa laboral para poder dar aos seus fillos ese verán desexado. Avós e avoas, tíos e tías ou demais familia supoñen unha gran axuda, pero a Universidade de Vigo pon sobre a mesa unha alternativa: o Campus Camp.
13/06/2011