A comunicación en Galicia aínda ten pendentes “moitos deberes”. Así o confirma Amalia Baltar, presidenta da Asociación de Directivos da Comunicación en Galicia, que inaugurou este martes Cultukata´12, a programación cultural en homenaxe á patroa da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Convidada polo docente Daniel Martí, Baltar compartiu co alumnado dos últimos cursos de Publicidade e Relacións Públicas os retos aos que debe facer fronte a profesión na nosa comunidade, “comezando por facer entender o concepto comunicación a empresas, institucións e organizacións, para que somos bos e que valor podemos xerar”.
24/04/2012