O compromiso da Universidade de Vigo co desenvolvemento sostible, a eficiencia dos recursos e o respecto ao medio natural, tradúcese nunha serie de accións e iniciativas que conforman o Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente na Uvigo, SuMA, que hoxe foi presentado polo vicerreitor de planificación, José Cidrás, aos membros do Consello de Goberno.
O plan que podería ser aprobado a finais de ano, estrutúrase a través de sete programas relativos a enerxía, residuos, contorno natural, patrimonio, colaboración coa sociedade e fomento dunha sensibilización ambiental. Novas iniciativas ás que se engaden outras accións que a universidade está a desenvolver actualmente como o programa de innovación enerxética ou iniciativas da Oficina de Medio Ambiente sobre recollida, reciclaxe e tratamento de residuos.
03/10/2007