“O biólogo ten a honra de dedicarse a estudar algo tan incrible como a vida en toda a súa expresión e a vida seguirá tendo que ser estudada, interpretada, entendida, analizada, a pesar da falta de diñeiro, as crise e os políticos”. Con esta dose de optimismo tan fundamentada, a madriña da 16ª promoción de Bioloxía, Adela Sánchez, animou aos 56 titulados no comezo dunha nova e emocionante etapa da vida. Acompañados pola secretaria xeral da Universidade, Inmaculada Valeije, a decana, Cristina Arias e a presidenta co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, Mercedes Casal, esta promoción de biólogos dixo adeus á súa vida universitaria.
22/06/2012