Un ano máis, e xa van trece, a comunidade universitaria do campus de Vigo ten desde este luns a oportunidade de gozar do mellor teatro nacido nas aulas nunha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. Nunha cita xa clásica da programación cultural da primavera, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense, Rosaura, foi a encargada de, a ritmo de charanga, subir o pano dunha edición que se estenderá ao longo de oito intensas xornadas ata o vindeiro 28 de abril.
Co parón da Semana Santa polo medio, “esta edición conta cun programa especialmente variado”, subliñou Pepa Barreiro, coordinadora da Aula de Teatro do campus de Vigo, que destacou que se inclúen opcións para todos os gustos.
11/04/2011