Música, circo, teatro, baile e danza, unha mestura de todo isto caracterizou a actuación este xoves no centro comercial da Cidade Universitaria de Trasno, un personaxe creado por Pablo Reboleiro que, dende o ano 2001, leva percorrido os mellores festivais de teatro de rúa, dende Galicia á India, pasando por Arxentina, Brasil ou Rusia. “É un crack”, “moi bo”, “divertido”, “sempre che saca unha gargallada”... foron algunhas das frases coas que os espectadores do espectáculo definiron a actuación de Trasno no centro comercial.
08/11/2007