O Consello de Goberno da Universidade de Vigo celebrou este martes a súa derradeira sesión deste ano. Nela aprobouse por ampla maioría -38 votos a favor, tres en contra e dúas abstencións- a proposta de orzamentos da institución académica para 2024, que ascende á cifra récord de 248,8 millóns de euros.
Un ano máis, a Universidade de Vigo volverá ter un orzamento récord, desta volta 248,8 millóns de euros para o 2024, o que supón un incremento do 9,17% respecto da cifra do actual exercicio, que foi de 227,9 millóns.
A Universidade de Vigo presentou este xoves a que está chamada a converterse nunha das súas infraestruturas de investigacións máis importantes, modernas e innovadoras, o buque oceanográfico CIM UVigo, a primeira embarcación de uso profesional fabricada en España con propulsión híbrida enchufable.
A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, Agareso, e a Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos, I-M Defensoras, son as dúas entidades gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e Anfaco-Cecopesca, organización que aglutina a máis de 250 empresas de todos os chanzos do complexo mar-industria alimentaria, asinaron este xoves un convenio de colaboración de catro anos de duración.
A Universidade e a Autoridade Portuaria de Vigo unirán as súas capacidades e recursos para promover a cultura oceánica entre toda a sociedade mediante a fusión da arte urbana e a ciencia. Así se recolle no convenio de colaboración asinado este mércores polo reitor da Universidade, Manuel Reigosa e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana.
A profesora da Universidade de Vigo e directora do Centro de Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, Concepción Paz Penín, converteuse este martes na décimo sétima investigadora que recibe o Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas.
Revitalizar zonas costeiras rurais que experimentan unha desaceleración económica e convertelas en destinos turísticos circulares, ecolóxicos e sostibles. Este é o obxectivo no que están a traballar os socios do proxecto europeo Ecotours, entre eles, a Universidade de Vigo.
A comunidade universitaria recibiu este martes a triste nova do falecemento do catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática e adxunto ao reitor para a Transformación Dixital, José Juan Pazos Arias (Baiona, 1964-2023).
A resistencia antimicrobiana está designada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como unha das principais ameazas do noso tempo, superada unicamente polas cardiopatías ou os accidentes cerebrovasculares. Introducir unha nova clase de indutores do sistema inmunolóxico, capaces de mellorar os mecanismos de defensa microbiana innatos do corpo humano, para combater a resistencia antimicrobiana e reducir a incidencia das 13 infeccións bacterianas máis perigosas do mundo.
A Universidade dará a coñecer esta semana aos gañadores e gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana. Será este xoves ás 12.00 horas no edificio Redeiras nunha gala presidida polo reitor, Manuel Reigosa, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.
«Se o feminismo foi a gran revolución do século XX, o cambio do home podería ser unha das máis importantes revolucións sociais do século XXI». Con esta afirmación de Victoria Sau en Nova(s) paternidade(s) arranca o almanaque que a Unidade de Igualdade deseñou para o 2024, doce meses marcados por un mundo de homes, os homes que son e os homes que poderían ser.
5,5 millóns de euros para a posta en marcha de 40 proxectos de investigación. Este é o histórico resultado acadado pola Universidade de Vigo na última convocatoria das axudas Proxectos de Xeración de Coñecemento convocadas no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación.
Dende finais do franquismo ata a actualidade foron moitas as mulleres que traballaron no sector editorial en Galicia, aínda que moitas delas non tiveron toda a relevancia que as súas achegas mereceron. Para poñer en valor a cara feminina da edición en Galicia, a investigadora do grupo Elyce/Literacine Rocío Hernández coordina un proxecto financiado pola Cátedra Feminismos 4.0 da DEPO-UVigo que botou a andar no verán e que este venres xa presentou publicamente os seus primeiros resultados.
A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo deu este xoves un paso máis na loita contra a desigualdade de xénero no ámbito dixital coa presentación de sociedade dunha nova revista que permitirá difundir coñecemento científico, crítico e feminista, sobre os riscos éticos da transformación tecnolóxica e o seu impacto negativo sobre os dereitos das persoas.