Como cada primavera, o Teatro Vidal Bolaño abriu as súas portas aos sons máis independentes no xa tradicional Festival Sonora, que se enmarca na programación da Vicerreitoría de Extensión Universitaria para este segundo cuadrimestre. A aposta deste ano foi máis local ca nunca, dando unha oportunidade a dous grupos da cidade, Trampoline e La Familia, que mesturaron o folk coas tendencias máis indies. Trampoline son David Tizón, voz e guitarra acústica, e Marcos Rivera, guitarra acústica eléctrica, banjo, ukelele e voz; mentres que La Familia é un cuarteto vigués.
23/03/2012