O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase o 23 de abril, data conmemorativa a nivel internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Ademais, esta data é especialmente simbólica para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 faleceron Cervantes e Shakespeare. Con este motivo a escritora e profesora Rexina Vega reflexiona no Duvi sobre o presente e o futuro do libro ante os inminentes cambios que representan as novas tecnoloxías, e convídanos a que festexemos “o ocaso dunha época, a de ler co corpo, gozando intensamente do tacto e máis do olfacto no papel, esa reliquia".
Vega é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo e, como escritora, gañou o premio Sthendal e foi finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Con Cardume, primeira incursión na creación literaria desta autora, obtivo o Premio Xerais de Novela 2007. Neste 2012 publica a súa segunda novela, Dark Butterfly.
23/04/2012