A programación das rutas culturais que este curso académico organiza o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo está a piques de rematar. Este sábado, día 5 de maio, celebrarase o penúltimo percorrido, que terá como protagonista a Vía da Prata. Arredor dun cento de persoas achegarase a este milenario traxecto que, alén da súa historia destaca pola súa beleza paisaxística. Con 33 quilómetros de distancia e unha dificultade alta, o itinerario é unha das novidades destacadas incluídas este ano nos roteiros, que coma en cada edición intentan combinar historia, natureza e deporte.
02/05/2012