O investigador Carlos Bravo Díaz, catedrático do Departamento de Química Física, foi nomeado profesor honorario da Maria Curie Sklodowska University de Polonia, a maior institución de educación superior de Polonia oriental, con máis de 20.000 alumnas e alumnos propios e arredor de 1600 estudantes de intercambio. O acto de entrega da distinción, outorgada en agradecemento á súa forte cooperación con esta institución no campo da ciencia e a promoción do coñecemento, realizarase nunha sesión solemne o próximo día 20 de xuño na Facultade de Química e contará coa participación do rector -Stanisław Michałowski-, autoridades académicas, docentes e estudantes
05/06/2018