Positiva valoración, realizan os organizadores das I Xornadas de Medioambiente e Dereito Ambiental que comezaron o pasado luns, prolongándose ata este venres.José Antonio Pérez, responsable da Asociación Medioambiental Universitaria, Syme, encargada da organización, fai unha valoración moi positiva, destacando sobre todo "a elevada participación. Con 520 matriculados e cunha asistencia media de case a súa totalidade é unha das xornadas máis numerosas en asistencia na historia da Universidade de Vigo”.Foi precisamente o numeroso público o que máis chamou a atención dos ponentes, incluso dos acostumados a dar conferencias a nivel nacional coma Enrique Segovia, Director de Conservación de WWF/Adena ou do mesmo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez que tamén destacaron a capacidade organizativa de Syme.
26/10/2007