Ciencia e imaxinación non son incompatibles. Iso é o que demostrou Pío González, profesor de Física Aplicada da Universidade de Vigo, na conferencia O láser, 50 anos despois que impartiu este xoves na Fundación Pedro Barrié de la Maza, un percorrido histórico por esta tecnoloxía no que o público ademais de escoitar puido ver, tocar e manipular todo tipo de experiencias saídas do láser. Xa antes de sentarse, os participantes no relatorio atoparon na sala un mostrario de obxectos cortados por láser, hologramas, pezas antigas… das que o profesor explicou cada unha das súas peculiaridades.
03/12/2010