A existencia en Galicia dun 10% de fogares pobres, é unha das conclusións ás que chegan os profesores da Universidade de Vigo, Patricio Sánchez, Antonio Vaamonde e Xenaro García no seu libro A pobreza en Galicia. Medición a través do equipamento dos fogares, publicado pola editorial Sotelo Blanco.
O libro que se inicia cunha revisión do concepto de pobreza, continúa co desenvolvemento e proposta dun novo método de medida a aplicar no caso concreto de Galicia. Trátase dun indicador, o índice de pobreza material, no que o foco de atención céntrase no equipamento co que as familias contan nas súas vivendas, e non en medidores monetarios, biolóxicos ou subxectivos. A construción dun novo indicador xustifícase segundo Patricio Sánchez por que “os que existían teñen problemas, e centrarse en cuestións materiais do fogar permite ser máis obxectivo, que se empregamos un indicador baseado en medidas monetarias como ingresos ou gastos”.
22/10/2007