Pór en marcha a primeira bibliografía europea de libros infantís de 3 a 5 e de 6 a 10 anos, “positiva” desde o punto de vista dos roles e modelos de xénero o, ou, o que é o mesmo, unha literatura aberta, plural, variada, sen estereotipos, baseada no respecto e na diversidade. Este é o obxectivo co que botou a andar o proxecto europeo Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, liderado pola universidade italiana de Boloña e no que participa como única institución de ensino superior española a Universidade de Vigo.
14/06/2018