Un dicionario para unha soa palabra. O grupo de investigación liderado polo profesor Juan Fernando de Laiglesia, dependente do Departamento de Escultura da Universidade de Vigo, vén de editar a obra Arte: Diccionario Ilustrado, na que preto de 100 artistas de todo o territorio español achegan a súa definición persoal do que entenden por esta disciplina. Aínda que todas as entradas deste dicionario reflexionan sobre o mesmo concepto, “cada unha está escrita por un autor diferente”, sinalou de Laiglesia, co obxectivo de converter esta publicación en referente no mundo da arte contemporánea. “Do mesmo xeito que o Dicionario da Real Academia Española é a guía para a lingua española, nós tamén quixemos facer norma e creamos outro DRAE, neste caso o Dicionario Recursivo da Arte Española”, explicou o coordinador da publicación.
28/11/2012