Menta, romeiro, tomiño, macela ou fiúncho, son herbas habitualmente empregadas en Galicia na elaboración de augardentes e licores, un proceso no que segundo establece o regulamento do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia para a fabricación destes destilados, cómpre empregar, como mínimo, tres plantas aptas para uso alimentario, aínda que non existe un listado que limite o seu uso, de xeito que as combinacións son infinitas. Sen embargo, os elaboradores de destilados contan a partir de agora cunha ferramenta que lles permitirá seleccionar as plantas máis axeitadas para acadar licores ou augardentes cunhas características determinadas.
26/09/2012