A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
A modalidade de formación virtual chegou para quedarse e este segundo cuadrimestre os cursos de galego que oferta a Área de Normalización Lingüística serán todos a distancia. A inscrición é de balde e só para a comunidade universitaria, que poderá reservar unha praza entre o 5 e o 23 de febreiro.
A Universidade de Vigo deu a benvida este mércores ao alumnado estranxeiro que acaba de chegar aos campus de Vigo e Pontevedra para completar a súa formación durante o segundo cuadrimestre. En total, son 198 mozos e mozas de 32 países de Europa, América e Asia, que se suman aos 43 que chegaron en setembro pero elixiron a opción de quedarse durante o curso completo.
Conseguir desenvolver un programa de capacitación que permita que as futuras enxeñeiras e enxeñeiros integren no seu proceso formativo as cuestións técnicas coa análise das derivadas prácticas que esas tecnoloxías terán na sociedade. Este é o obxectivo co que esta semana arrancou o proxecto europeo ENGood.
Máis empresas, incluíndo, por primeira vez, firmas do sector sanitario. Así será a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, a cita que cada ano reúne no campus de Vigo ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Será do 5 ao 7 de marzo nas tres escolas de enxeñaría.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acaba de recibir o Premio Enxeño 2023 polo seu labor de representación das novas xeracións dentro da profesión. Foi durante a celebración da IV edición de ForoTelecos Galicia 2023.
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán os vindeiros 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco. Así o anunciou este xoves a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, na presentación en Vigo da 2º edición das probas.
Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
Os dous son apaixonados do motor e os dous teñen na súa cabeza as impactantes imaxes do rally Dakar na televisión. Raúl Rodríguez e Nicolás González, estudantes do dobre grao ADE-Dereito apuran estes días os traballos para participar no Uniraid 2024, o Dakar universitario.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Vigo acollerá no mes de marzo o Congreso do Consello Nacional de Estudantes de Dereito, e farao da man da Delegación de Alumnado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, que se está encargando da organización do evento, que se desenvolverá entre os días 13 e 16 de marzo.
Tras a grande acollida da pasada edición, que en abril de 2023 puxo fin a tres anos de parón de pola pandemia, a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial regresará ao campus de Vigo o vindeiro 19 de abril.
Dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e sensibilizar á comunidade universitaria e á sociedade sobre a importancia de que todas as persoas formen parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático ou a perda da biodiversidade. Ese é o obxectivo do concurso Móvete polos ODS, impulsado polas tres universidades galegas a través da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
Socios de seis países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo.
Co inicio do segundo cuadrimestre arranca tamén a formación en idiomas que ofrece o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, que para esta segunda parte do ano académico oferta cursos de inglés, alemán e español para estranxeiros.