Cada día no seu lugar de traballo, a Audiencia Nacional, unha media de 20 xornalistas se achegan en busca de novas, haxa ou non previsto algún evento especial. Buscan información sobre procesos xudiciais destacados e de interese para a opinión pública. Como maxistrado desta Audiencia Nacional e pola súa proxección mediática, Fernando Grande-Marlaska coñece moi ben o difícil equilibrio entre o dereito á liberdade de información dos medios de comunicación e o dereito á honra, a un xuízo xusto e á presunción de inocencia das persoas xulgadas. Para avanzar neste eido, salienta a importancia de eliminar o “obsoleto” segredo na instrución de sumarios, cuxo incumprimento, advirte, é xeneralizado, e porque os membros da carreira xudicial asuman a importancia de comunicar o seu traballo.
14/10/2011