As Corcerizas é un centro de educación ambiental situado en plena serra de San Mamede, no macizo ourensán, que está xestionado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra. Construído no ano 2010, o centro deseñouse e desenvolveuse como unha “illa enerxética”, un lugar no que toda a enerxía que se consume é producida alí mesmo. Como modelo desta autosuficiencia e de respecto pola contorna, este mércores Analía Moares, de Amigos da Terra, ofreceu no campus de Ourense a conferencia inaugural do Ciclo de Conferencias da Facultade de Ciencias, que acollerá o centro ata o vindeiro 16 de maio.
15/02/2012