Propor melloras e novas ideas que poidan servir ao grupo audiovisual Atresmedia para potenciar a súa comunicación a través das redes sociais. Ese é o propósito que rexerá o traballo que nos próximos meses desenvolverá un grupo de seis alumnos e alumnas de CCSS e da Comunicación, no marco do Proyecto Mañana deste grupo audiovisual. Con esta iniciativa, a compañía busca “preguntar á xente nova que farían eles se estiveran no lugar” do equipo directivo do grupo. Así llo explicou o presidente de Atresmedia Cine, Mikel Lejarza, que este xoves reuniuse cos participantes nunha iniciativa na que, por primeira vez, está representada unha universidade galega, grazas ao convenio asinado nesta xornada polo reitor, Salustiano Mato, que amosou o seu desexo de que esta iniciativa sexa “unha primeira aproximación, un comezo para os moitos proxectos que podemos facer xuntos”.
12/02/2015