Socios de oito países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento dun proxecto europeo que ten como principal obxectivo a creación dun catálogo dixital de cursos para centros de ensino superior, incluídos dúas universidades que forman parte da rede ATHENA.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense organiza, con motivo do 8 de marzo Día Internacional da Muller, a xornada International Women’s Day. Invest in women. Está aberta ao público interesado.
A modalidade de formación virtual chegou para quedarse e este segundo cuadrimestre os cursos de galego que oferta a Área de Normalización Lingüística serán todos a distancia. A inscrición é de balde e só para a comunidade universitaria, que poderá reservar unha praza entre o 5 e o 23 de febreiro.
O campus de Ourense acolle este venres a celebración da xornada Voute preservar, miñoca! Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxía se dan a man, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, a Área de Normalización Lingüística e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).
A oferta de obradoiros de extensión universitaria do campus de Ourense, organizados pola súa vicerreitoría con financiamento da Deputación Provincial, volve á palestra este cuadrimestre. Desde o 5 ata o 16 de febreiro permanece aberta a inscrición, a través do Campus Activo da UVigo.
Conseguir desenvolver un programa de capacitación que permita que as futuras enxeñeiras e enxeñeiros integren no seu proceso formativo as cuestións técnicas coa análise das derivadas prácticas que esas tecnoloxías terán na sociedade. Este é o obxectivo co que esta semana arrancou o proxecto europeo ENGood.
Cada venres desde o 23 de febreiro ao 3 de maio, o campus de Ourense acollerá a celebración dunha nova edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea.
O venres 2 de febreiro pola tarde o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa.
Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
Socios de seis países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo.