O espectáculo continúa. As representacións da Miteu continúan esta semana no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. Este mércores representouse a obra El inmigrante, el Nica, un monólogo baseado en feitos reais. Un ser humano en condición de rexeitamento. Un inmigrante chamado José Mejia Espinoza, fala con humor e profundidade cun Cristo crucificado. Esta obra amosou aos espectadores o rostro humano dunha migración obrigada, o terrible desarraigamento, o amargo desconsolo, os anhelos, a soidade, a alegría efémera, o amor, as carencias, a crueldade, a esperanza e a fe dos emigrantes
26/04/2012