A Deputación de Pontevedra abre este venres 1 e ata o 15 de marzo o prazo para participar nunha nova edición dos cursos de español para inmigrantes que, como novidade, este ano chegan por vez primeira a Vilagarcía de Arousa.
O cinema italiano será o protagonista da décimo cuarta edición do Ciclo de Cine Lingua, unha proposta da Vicerreitoría de Extensión Universitaria que ten como finalidade achegar a cidadanía ás películas na súa versión orixinal con subtítulos en español.
Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns no edificio Redeiras nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor.
A Intelixencia Artificial (IA) debe ser tamén feminista. Baixo esta premisa, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, organizou este xoves unha nova xornada no marco do ciclo Conectando en Igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico.
Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, este xoves presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia, editado en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ.
Antía Cal, unha mestra innovadora. Este é o título da exposición que se inaugura mañá venres no edificio Redeiras e coa que a Universidade de Vigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal.
Socios de oito países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento dun proxecto europeo que ten como principal obxectivo a creación dun catálogo dixital de cursos para centros de ensino superior, incluídos dúas universidades que forman parte da rede ATHENA.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
A modalidade de formación virtual chegou para quedarse e este segundo cuadrimestre os cursos de galego que oferta a Área de Normalización Lingüística serán todos a distancia. A inscrición é de balde e só para a comunidade universitaria, que poderá reservar unha praza entre o 5 e o 23 de febreiro.
Conseguir desenvolver un programa de capacitación que permita que as futuras enxeñeiras e enxeñeiros integren no seu proceso formativo as cuestións técnicas coa análise das derivadas prácticas que esas tecnoloxías terán na sociedade. Este é o obxectivo co que esta semana arrancou o proxecto europeo ENGood.
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán os vindeiros 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco. Así o anunciou este xoves a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, na presentación en Vigo da 2º edición das probas.
Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Socios de seis países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo.
Co inicio do segundo cuadrimestre arranca tamén a formación en idiomas que ofrece o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, que para esta segunda parte do ano académico oferta cursos de inglés, alemán e español para estranxeiros.